Levaba xa tempo coa idea na cabeza de facer eu todo o proceso dunha fotografía (sacar a foto, revelado de negativo, e pasala a papel). Ben coñecedora desa idea era lidia polo que fai pouco me regalou os instrumentos necesarios(probetas, funil, ampliadora, etc)so me faltaba preparar un pequeno laboratorio caseiro, así que nunha parte da habitación da casa que utilizo para traballar nos cartaces e demais deseños preparei dito laboratorio. Unha vez feito este paso so faltaba os químicos e demais materias para o proceso, cousa por outra banda nada doados de atopar. Finalmente os conseguín en VigoFoto e no Fnac do Porto(Portugal).
Xa tiña todo o necesario así que un dia collín a miña cámara e un carrete en branco e negro e saquei unhas fotos. No laboratorio posteriormente revelei o negativo e onte terminei o proceso pasando as fotos a papel. So fixen unhas cantas de proba, e o resultado non me desanima, mais ben todo o contrario, para ser as primeiras estou satisfeito.
Aquí podedes ver as 3 fotos q preparei onte.



No hay comentarios:
Publicar un comentario