Aqui vos deixo o cartaz que fixen para a curtametraxe " dies dei" de Nani matos. O film trata sobre Avelino un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que así se chama ela, padece unha demencia senil e unha enfermidade dexenerativa nos osos que a ten postrada nunha cama a maior parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade, ata que un día lle diagnostican a mesma enfermidade que a súa muller. A partir de ahí os sentimentos de Avelino entrecrúzanse intentando buscar un saída ante a nova situación. Así, Avelino deberá tomar unha decisión que non é doada.
Rubén Hermida
No hay comentarios:
Publicar un comentario