sábado, 19 de enero de 2013

APP para Android

Creando aplicaciones para Android: Hola estoy realizando un curso de app para Android y os quiero presentar la primera aplicación que realice. Es una aplicación de turismo que intenta mostrar los monumentos de mi pueblo (Ponteras) Con imágenes, descripción (para mayor comodidad la aplicación lee el contenido), situación en el mapa, enlace a vídeos del monumento y llamada al teléfono de turismo desde la misma aplicación. A ver que os parece:
Descargala: PonteareasaPie

viernes, 5 de febrero de 2010

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Caixa de luz caseira

Pois ben, aqui vos deixo unhas fotos realizadas nunha caixa de luz caseira, e un enlace que explica como facer unha ti mesmo. Moi práctico para facer unha galeria de productos de venta por internet ou para diversos traballos de deseño grafico.
Preme para ir o enlace








martes, 15 de septiembre de 2009

Todo o proceso dunha foto II

Aqui vos deixo algunhas fotos mais, coido que desta segunda tanda as fotos xa colleron a tonalidade q estaba buscando. Tamen achego un par de fotos do laboratorio caseiro.







Todo o proceso dunha foto

Levaba xa tempo coa idea na cabeza de facer eu todo o proceso dunha fotografía (sacar a foto, revelado de negativo, e pasala a papel). Ben coñecedora desa idea era lidia polo que fai pouco me regalou os instrumentos necesarios(probetas, funil, ampliadora, etc)so me faltaba preparar un pequeno laboratorio caseiro, así que nunha parte da habitación da casa que utilizo para traballar nos cartaces e demais deseños preparei dito laboratorio. Unha vez feito este paso so faltaba os químicos e demais materias para o proceso, cousa por outra banda nada doados de atopar. Finalmente os conseguín en VigoFoto e no Fnac do Porto(Portugal).

Xa tiña todo o necesario así que un dia collín a miña cámara e un carrete en branco e negro e saquei unhas fotos. No laboratorio posteriormente revelei o negativo e onte terminei o proceso pasando as fotos a papel. So fixen unhas cantas de proba, e o resultado non me desanima, mais ben todo o contrario, para ser as primeiras estou satisfeito.

Aquí podedes ver as 3 fotos q preparei onte.




jueves, 3 de septiembre de 2009

dies dei


Aqui vos deixo o cartaz que fixen para a curtametraxe " dies dei" de Nani matos. O film trata sobre Avelino un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que así se chama ela, padece unha demencia senil e unha enfermidade dexenerativa nos osos que a ten postrada nunha cama a maior parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade, ata que un día lle diagnostican a mesma enfermidade que a súa muller. A partir de ahí os sentimentos de Avelino entrecrúzanse intentando buscar un saída ante a nova situación. Así, Avelino deberá tomar unha decisión que non é doada.

Rubén Hermida

miércoles, 22 de julio de 2009