viernes, 3 de octubre de 2008

Hoxe tocate a ti pequeno emprendedor

Hoxe quero falar dos emprendedores, esas persoas con soños que votan a andar e a facer realidade os seus pensamentos. E polo tanto vou falar de "http://www.mundorta.com/" e o seu creador Javier, que teño o pracer de coñecer e de estar a desenrolar nestes momentos un proxecto con el, que espero que pronto vexa a luz.
Pois ben, el creou esta paxina web, que, que eu sepa ou puiden investigar non encontrei outra igual. A súa idea é ben sinxela, e iso, exactamente por ser tan sinxela é tan fácil e practica, sobre todo a aquelas persoas que lles gustes a agricultura ecolóxica.
En que consiste? pois este rapaz que no se anda polas ramas xa buscou o nome apropiado que fora capaz de transmitir todo con so unha palabra: "Mundorta"; é a contracción das palabras munda e horta que significa hortas limpas.
Este sitio web é un directorio de agricultores ecolóxicos que venden en persoa a consumidores da mesma provincia; é un sitio de comercio local ecolóxico.
Tan só me queda dicir que a visitedes. e a ti Javier moita sorte.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Rubén, voume enternecer...Moitas grazas e dicir que esta web é como din nese outro blogue que tes enlazado, unha tortuga lenta, moi lenta, pero halle chegar o seu gran día daquí a algúns meses.Ou anos.
Unha aperta dende o sur.

Anónimo dijo...

xa era o unico que che faltava plantar repolos nun tarro.
bueno isto e broma ,alegrome moito polo teu novo proxecto.